Show notes
O Concello de Tomiño renderá homenaxe este venres e sábado, 20 e 21 de novembro, a Francisco Rodríguez Otero, Paquiño de Figueiró, cunhas xornadas de memoria histórica que reunirán no Auditorio de Goián destacadas voces da investigación, da xustiza e da recuperación da memoria democrática.
A conferencia de apertura terá lugar o venres 20 ás 19 h e correrá a cargo de Baltasar Garzón, xurista de recoñecido prestixio internacional e antigo maxistrado da Audiencia Nacional. Deunos os detalles a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Website: ivoox.com
