Skip to content
Global sound
A actualidade está sobrevalorada

A actualidade está sobrevalorada

by Luzes

Latest episode
Unha bispa e dous santos

About this podcast

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

Episodes

The newest 20 of 128 episodes

  • Unha bispa e dous santos · 37 minTemos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest, un colectivo católicas, apostólicas e romanas que…
  • Uber, agresións e Koldo · 41 minLegalidade? Que é iso de legalidade? Unhas compañías de transporte comezan a desplegarse na Coruña e Vigo sen os correspondentes permisos dos respectivos concellos. Persoal…
  • Madrid pon orde en Ourense · 36 min · Season 4 Episode 28O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid…
  • Os conselleiros, ai os conselleiros! · 46 min · Season 4 Episode 28Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual…
  • As Guerras Médicas e unha recepción impresentable · 47 minVolven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector…
  • Mondariz Balneario, Avión e unha absolución · 50 min · Season 4 Episode 26Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700…
  • Xente que se vai, xente que vén · 34 min · Season 4 Episode 25Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi…
  • Eleccións alí arriba e aquí ao lado · 32 min · Season 4 Episode 24A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?…
  • O Día dos Transistores (e do Traballo) · 47 min · Season 4 Episode 22Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que…
  • Cónclave no Hórreo · 40 min · Season 4 Episode 22O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente…
  • Estilo Galicia, HEY! · 40 min · Season 4 Episode 21Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola…
  • Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro · 38 minUnha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor…
  • Live in Lugo!!! · 45 min · Season 4 Episode 19Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere). Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada)…
  • O ano que ruedamos perigosamente · 42 min · Season 4 Episode 18Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns…
  • Independencia, salarios e alerta cinexética · 41 min · Season 4 Episode 17Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do…
  • Louzán, as urxencias e a connivencia · 42 min · Season 4 Episode 14Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o…
  • «El palacete, el palacete»! · 40 min · Season 4 Episode 15Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado?…
  • Europa, sé forte! · 38 min · Season 4 Episode 14Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón…
  • Socialistas, privatizacións e un senador veloz · 38 min · Season 4 Episode 13Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas…
  • Manifestación, competencias e a señora Scrooge · 47 min · Season 4 Episode 12Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia…

More like this

All News podcasts →

Live, last hour: 7,822 songs on 2,879 stations in 121 countries

Discover the world through radio

More ways to discover (9)

Heard something good? Save it, or open it straight away in Spotify.

★ Artist of the week The fastest riser on the radio this week
Your song here? From € 9 per week →
Linn JazzContinue listening