Show notes
Unha recreación do discurso Alba de Gloria de Castelao.
O día 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu derradeiro gran discurso público. Os fados quixeron que fose en data tan propicia á emotividade, diante dunha enfeitizada audiencia de emigrados e exiliados galegos en Buenos Aires que enchía o Teatro Argentino, no festival organizado polo Centro Gallego para celebrar o Día de Galicia. Esa “Alocución Patriótica”, como recolleu A Nosa Terra mesmo a seguir e que axiña sería referida co acaído título de “Alba de gloria”, converteuse en algo máis ca un discurso: considerada por amplo…
Website: podcasters.spotify.com

