As follas novas
de ensaia.
Alejandra Balboa | Bailarina e creadora · Bailar o que aínda non se…
Despre acest podcast
Entrevistas a algunhas das persoas que máis positivamente están a impactar en Galicia. Traxectorias admirables de campos moi diversos nas que afondaremos para aprender do seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
Unha iniciativa de ensaia en liña co propósito de impactar positivamente na seguinte xeración a través de crear unha cultura de xenerosidade. Presentado por Cintia Salido e con reportaxes fotográficas de Ricardo Lede, invitámosche a ser parte da comunidade e aprender dalgunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia».
Seica vai chover.
Episoade
- Alejandra Balboa | Bailarina e creadora · Bailar o que aínda non se entende | #16 · 48 minEntrevistamos a Alejandra Balboa, bailarina e creadora pontevedresa formada en danza contemporánea en Lisboa que fai do corpo un lugar de investigación e de encontro. A través do…
- Hadrián Jamardo | Autor de banda deseñada e integrador social · A cultura como camiño de volta | #15 · 43 minEntrevistamos a Hadrián Jamardo, autor de banda deseñada e integrador social galego de Caldas de Reis que explora nas súas viñetas temas de interese social e cultural. A través…
- Mariluz Pascual | Integradora e educadora social · O valor de escoitar o noso rural | #14 · 50 minEntrevistamos a Mariluz Pascual, integradora e educadora social galega orixinaria de Vilardevós que centra o seu traballo na dinamización comunitaria e no valor da xente maior. A…
- Pablo López | Artista e xestor cultural · A arte como mediadora na sociedade | #13 · 49 minEntrevistamos a Pablo López, artista e xestor cultural que entende o seu traballo como un espazo de mediación social e colectiva. A través do seu proxecto, convídanos a explorar…
- Yas Deluaces | Música e artista sonora · Investigando os códigos populares | #12 · 50 minEntrevistamos a Yas Deluaces, música e artista sonora que entende o mundo dende a súa áncora en Mazaricos. A través do seu proxecto, convídanos a explorar os códigos da música…
- Montse Piñeiro | Creadora escénica · A maxia de crear historias a través da luz | #11 · 43 minEntrevistamos a Monse Piñeiro, artista plástica e creadora escénica que investiga a fascinante relación entre a luz e os corpos en movemento. A través da súa obra, convídanos a…
- Nerea Pallares | Escritora · A arte de tecer historias | #10 · 40 minEntrevistamos a Nerea Pallares, unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual. A través da súa obra, convídanos a desacostumar a mirada para descubrir o…
- María Candamo | Deseñadora e artesá · Creacións que preservan a historia e a cultura mariñeiras | #9 · 44 minEntrevistamos a María Candamo, unha das deseñadoras e artesás máis xenuínas de Galicia. Desde a súa terra, Louro, María recolle residuos mariños e redes de pesca abandonadas para…
- Iván García | Taekwondista · Disciplina e alto rendemento rumbo aos Xogos Olímpicos | #8 · 43 minEntrevistamos a Iván García, taekwondista de alto rendemento e unha figura relevante deste deporte internacionalmente. Cunha traxectoria marcada pola disciplina e a xestión…
- Adra Pallón | Fotógrafo documental · A imaxe como espazo de reflexión | #7 · 45 minEntrevistamos a Adra Pallón, fotógrafo documental e narrador visual cunha obra centrada na identidade e cultura galega coa que busca a preservación da memoria. Autor do…
- Antía Ameixeiras | Violinista e cantante · O violín que dignifica a tradición e potencia a cultura | #6 · 39 minEntrevistamos a Antía Ameixeiras, violinista e cantante cunha fonda conexión á música tradicional galega dende a súa infancia. Cunha procura constante da dignificación do violín…
- Chano Ripio | Debuxante · A paixón que impulsa o cómic galego emerxente | #5 · 44 minEntrevistamos a Chano Ripio, ilustrador e debuxante galego cofundador de Boa Onda Cómix, unha revista autoeditada, feita en Galicia, que aposta polo talento galego emerxente…
- Kiko González | Emprendedor medioambiental · O coidado do patrimonio natural como camiño a un rural próspero, vivo e sostible | #4 · 47 minEntrevistamos a Kiko González, emprendedor medioambiental e experto en xestión do rural, cuxo traballo se centra en devolverlle a vida á terra e aos montes galegos. Finalista da…
- Ana Díez | Xestora cultural · Impulsando a cultura dende a cooperación | #3 · 48 min · Episodul 3Entrevistamos a Ana Díez, xestora cultural e cofundadora de A Seara, unha iniciativa que traballa por achegar a cultura á sociedade cunha proposta de coidado e cooperación. Unha…
- Adrián M. Pereiro | Luthier · Unha forma de luthería que mellora a contorna | #2 · 46 min · Episodul 2Entrevistamos a Adrián Martínez Pereiro, luthier e artesán galego que centra o seu traballo na creación e dignificación dun oficio que honra e sente como necesario. Especializado…
- Nuria Vilán Prado | Poeta · A poesía como ferramenta de transformación social | #1 · 51 min · Episodul 1Entrevistamos a Nuria Vilán Prado, unha das grandes pensadoras desta xeración. Poeta e recitadora, centra o seu traballo artístico na oralidade. Autora do poemario Simún (2021)…
- ensaiando. · 20 minNace «As follas novas», o podcast de ensaia. Por suposto, antes de comezar as entrevistas coas incribles persoas que virán por este espazo, queriamos darche a benvida e compartir…





