About this podcast
Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática.
O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo.
Esta serie ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe de Xarda Cooperativa Audiovisual.
Episodes
- Falamos de memoria - Riazor · 20 min · Season 1 Episode 7Falamos de memoria, a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, dedica este episodio á relación entre o fútbol coruñés e a represión franquista. As…
- Falamos de memoria - Casa Cornide · 22 min · Season 1 Episode 6Falamos de memoria, a serie documental da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, reconstrúe a operación pola que o histórico edificio da Cidade Vella…
- Falamos de memoria - O Portiño · 25 min · Season 1 Episode 5O quinto episodio da serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade trasládase aos cantís baixo o Monte de San Pedro para abordar as redes clandestinas de…
- Falamos de memoria - Campo da Rata · 17 min · Season 1 Episode 4'Falamos de memoria', a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, recupera as historias dos asasinatos perpetrados polos golpistas na contorna da…
- Falamos de memoria - A Silva · 29 min · Season 1 Episode 3Este episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade recupera a historia dos ateneos libertarios da Silva, das súas escolas laicas e da…
- Falamos de memoria - A casa de Casares Quiroga · 30 min · Season 1 Episode 2O segundo episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade percorre a Casa Museo Casares Quiroga para abordar a súa traxectoria política e…
- Falamos de memoria - Monte Alto e As Atochas · 28 min · Season 1 Episode 1O primeiro episodio da serie podcast, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, mergúllase no labirinto urbano do barrio coruñés que antes do…

