Shownotes
Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis complexa do que podería parecer.
No episodio viaxamos a Gagauzia para coñecer a súa historia, a súa peculiar autonomía e as tensións que mantén con Chisinau. Falamos tamén do forte vínculo da rexión…
Website: ivoox.com

