Catatan episode
Os mariscadores de Pondeume andan á procura de sacarlle máis rendemento a un recurso que abonda na zona, a ostra rizada. Alberto Ordóñez cóntanos como tentan converter nunha oportunidade a proliferación dunha especie invasora. A investigadora do Instituto Español de Oceoanografía, Begoña Ben-Gigirey fálanos dunha guía internacional sobre o monitoreo de toxinas algais en moluscos bivalvos. Presentamos unha nova ferramenta para a xestión do ourizo, un dron que grava os bancos e analiza as imaxes para contar exemplares e estimar densidades. Coñecemos a Miguel Ángel García, un veciño de Oia que…

