Notas do episódio
Comezamos singladura en Vigo para coñecer Velas polo Alzheimer, un proxecto que utiliza a navegación como terapia para os que padecen esta doenza. Sobre el falamos cun dos seus creadores, Edgar Martínez, e o xerente de Julio Verne Náutica, Iván Pérez. Abordamos despois o proceso de transformación do estaleiro Triñanes de Boiro. O seu propietario, Gerardo Triñanes, xubílase e cédelle a xestión ao enxeñeiro Clemente Lage. Os dous cóntanos como a factoría evolucionou dende unha carpintería de ribeira a un estaleiro que constrúe modernos barcos de fibra. Imos á Mariña de Lugo, onde só quedan 12…

