Despre acest podcast
Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas.
Unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
Episoade
- Vinte de Foliada en Ourense · 37 min · Sezonul 1 Episodul 6Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada. Entre…
- Vinte de Foliada en Pontevedra · 32 min · Sezonul 1 Episodul 5Vinte de Foliada para en Pontevedra, onde ea viveza da música tradicional amósanola Álvaro Carballo. Conversamos con el entre aulas de música e baile da asociación Trepia, punto…
- Vinte de Foliada en Santiago · 34 min · Sezonul 1 Episodul 4Que as pandeiretas ecoen pola rúa non é nada estraño en Santiago. Vinte de Foliada achégase a unha das agrupacións máis senlleiras da cidade, Brincadeira, para conversar co…
- Vinte de Foliada en Vigo · 25 min · Sezonul 1 Episodul 3O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar…
- Vinte de foliada en Lugo · 29 min · Sezonul 1 Episodul 2O segundo Vinte de Foliada para en Lugo. En vésperas do San Froilán visitamos unha unha aula de iniciación á pandeireta no CENTRAD, o Centro de Artesanía e Deseño, conversamos…
- Vinte de foliada na Coruña · 21 min · Sezonul 1 Episodul 1O primeiro Vinte de Foliada principia nunha das foliadas de Elviña, onde cada mércores desde hai décadas centos de persoas se xuntan para tocar e bailar ou para gozar desde a…






