Skip to content
Global sound
Pedaladas Podcast

Pedaladas Podcast

Latest episode
#02 - Pedaladas Podcast

About this podcast

"Pedaladas", un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia. Amodiño, sempre mellor... Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta, rutas cicloturistas, mecánica e consellos para un mellor uso da bici... No podcast queremos amosar unha visión máis social e comunitaria da bicicleta, que nos permita enfocarnos en como o ciclismo mellora a calidade de vida, reduce a pegada de carbono e favorece a creación de espazos máis humanizados nas cidades. E parte importante de todo isto son as propias persoas... contaremos con diferentes colaboradores de diversos colectivos da bici en Galicia, que nos axudarán a coñecer en profundidade todos estos temas e as iniciativas que se están levando a cabo. Pola miña parte, son Jorge Lama, retomei o uso da bici por motivos de saúde fai un tempo, e levo producindo programas de podcast desde fai máis de 15 anos. Podes localizarme nas redes sociais co nick de @raivenra ou a través do correo: [email protected] Espero que disfrutedes desta viaxe, dando pedaladas ou en calquera outra situación... Este podcast está liberado baixo unha licenza Creative Commons BY-SA 4.0 (Atribución-Compartir Igual). Music: Realizer - Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

Episodes

Live, last hour: 2,773 songs on 7,706 stations in 142 countries

Discover the world through radio

More ways to discover (9)

Heard something good? Save it, or open it straight away in Spotify.

Colț De SufletContinue listening